O PERSOAL DE MADERA IGLESIAS, CONCENTRARASE DIANTE DO EDIFICIO DA XUNTA EN VIGO
· Este xoves día 30 de agosto, desde as 12:15 as 13:30 h.
O persoal de Maderas Iglesias, está en folga indefinida desde o martes 28 de agosto contra os constantes incumprimentos salariais por parte da empresa
Foto: CIG
Foto: CIG
Infogauda / O Porriño
O persoal de Maderas Iglesias, en folga indefinida desde o martes 28 de agosto contra os constantes incumprimentos salariais por parte da empresa, concentrarase este xoves 30 desde as 12:15 até as 13:30 horas diante do edificio da Xunta en Vigo coincidindo cunha xuntanza do comité de empresa con representantes do IGAPE, dos que agardan obter “información positiva” sobre os pasos dados pola administración en prol da viabilidade económica da empresa.
Os representantes dos traballadores insisten, en todo caso, na necesidade de que sexa o propio conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen “dea a cara” e cumpra os compromisos adquiridos no Parlamento Galego para asegurar o futuro dunha empresa que emprega a 200 traballadoras/es, un 90% mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario