IMPORTANTE E DESTACADA VISITA AO BAIXO MIÑO, DO RESPONSABLE GALEGO DE MARCHA ATLÉTICA, AO PRIMEIRO CAMPUS DE ATLETISMO DE TOMIÑO
O responsable de marcha atlética da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morais Velasco e o concelleiro de Deportes de Tomiño, cos participantes no I Campus de Atletismo
Informa (fotografías e redacción): Patricia Pereira Guisantes / Tomiño
Este pasado luns día 27 de agosto de 2018 o responsable de marcha atlética da Federación Galega de Atletismo, Carlos Morais Velasco desprazouse ata Tomiño, deixando pegada coa súa presenza no I Campus de Atletismo, que leva transcorrendo dende o día 20 deste mes e que se clausurará o vindeiro venres día 31.
Durante toda a xornada matinal de 10:00 h a 12:00 h, Carlos daría charla e clase a case media centena de nenas/os na modalidade de marcha atlética, compartindo un gran día de experiencias deportivas con todos os seus participantes, transmitindo todos os seus valores desde asimilación, práctica da técnica e sobre todo lúdica, sendo o punto forte que este campus ofrece aos seus participantes, para que desenvolvan, descubran as súas inquietudes, tendo o seu primeiro contacto a primeira instancia con todas as súas modalidades como: lanzamentos, saltos, carreiras e marcha.
E por último dar grazas desde aquí a Carlos Morais pola súa visita desinteresadamente, sobre todo pola presenza dun responsable da Federación, xa que é raro que se despracen ata O Baixo Miño.
E como non, agradecer ao concelleiro de Deportes Ismael Troncoso, o Concello de Tomiño, a todos os técnicos e o apoio dos monitores do Atletismo Trega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario