O MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS TAMÉN FAI PRESENZA NO PRIMEIRO CAMPUS DE TOMIÑO DE ATLETISMO
FACENDO UN GRAN LABOR DE VALORES DEPORTIVOS, APOIANDO E ANIMANDO A SEGUIR PRACTICANDO DEPORTE SEXA CAL FORA Á DISCIPLINA
Informa (fotografías e redacción): Patricia Pereira Guisantes / Tomiño
Este pasado martes día 28 de agosto, seguiron as visitas doutras figuras do ámbito deportivo. Esta vez os invitados de honra ao I Campus de Tomiño, foron: o adestrador do Mecalia Atlético Guardés de balonmán (DHF), José Igacio Prades coas xogadoras, África Sempere e a súa capitá Estela Doiro. Tamén se uniría unha xogadora das categorías inferiores.
Compartimos a última hora da mañá, cunha sesión de preguntas, dúbidas, respostas,... para finalizar con firmas de autógrafos e a foto de rigor.
O mellor desta invitación, é que os adestradores de ambas as partes, chegarían ao acordo especialmente de que as disciplinas dos dous deportes son distintas, pero o que todos queren é que a estas idades as/os nenas/os aprendan, disfruten, proben e practiquen para que poidan desenvolver as habilidades motrices formándose dunha maneira sa posible, desde a etapa de iniciación ata a específica. Así logo máis tarde na puberdade decidan elixir eles por se sós, en que apartado ou deporte queiran quedar, xa sexa a nivel individual ou colectivo, tamén sexa como hobby, amateur ou elite, etc.. Non importando, que a pesar de que se formen en atletismo decidan practicar outro deporte.
Querendo concienciar a políticos, técnicos doutros clubs de deportes diferentes, que a meta é crear a un deportista san e forte, non a un especialista sexa cal for a modalidade elixida, veña de onde veña, dándolle a opción de escoller o deporte que sexa.
Moitas grazas a Prades, África e Estela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario