28 de ago. de 2018

A GUARDA

A Guarda divulga o traballo das súas asociacións

· Este ano a cita terá lugar o sábado 15 de setembro a partires das 10:30h na Alameda 
  
Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda, a través das Concellerías de Cultura, Xuventude e Deporte, organiza a segunda edición da Mostra Asociativa, un evento no cal as protagonistas son asociacións e entidades de diversa índole que forman parte do amplo tecido asociativo existente do municipio.   

 Este ano a cita terá lugar o sábado 15 de setembro a partires das 10:30h na Alameda da Guarda. Neste espazo as asociacións guardesas darán a coñecer os seus atractivos aos asistentes, cunha ampla programación de actividades que contará con actuacións en directo, obradoiros, xogos, demostracións... sempre levados a cabo polas propias entidades.   

 Deste xeito o baile, a música, o fútbol, o hockey, a pintura, a convivencia e o coñecemento de toda a dinamización que temos na nosa contorna, congregaranse nun día aberto á participación de todo o mundo e no que as asociacións se implican para amosar o seu traballo.   

 O programa de actividades está xa a piques de pecharse e anunciarase en próximas datas,  contamos con todos e todas para participar nun día festivo e reivindicativo.   

 Asociacións da Guarda: Unimos forzas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario