Comezaron ás obras da chamada «Porta do Trega »
Desde o executivo municipal afirman: «Este proxecto repercutirá na posta en valor da Citania de Santa Trega e o seu entorno, un ben patrimonial de gran interese turístico, o que permitirá e dará pé a un novo sistema de xestión do Monte Santa Trega, coa posibilidade de introducir un transporte lanzadeira colectivo para a subida ao Trega dos visitantes (...)»
Vista parcial da maquinaria que está traballando na zoa de Chans (Monte Santa Trega), correspondente á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de A Guarda
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O mércores día 22 de agosto iniciáronse as obras da primeira fase do proxecto construtivo denominado «Porta do Trega», que se desenvolverá na zona de Chans, do Monte Santa Trega (declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no 1931 e posteriormente Ben de Interese Cultural), correspondente á Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común, da parroquia de A Guarda.
A maquinaria e operarios comezaron a traballar na primeira fase do proxecto, balizando e sinalizando a zona de obras, así como preparando os terreos para a fase constructiva.
Unha das máquinas que está traballando na zoa de Chans
Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda afirmaron: «Neste proxecto de ordenación e xestión de accesos, habilitarase un espazo que actuará coma centro de recepción aos milleiros de visitantes que cada ano acoden ao Monte Santa Trega, dignificando o acceso a este espazo, contando cunha zona de aparcamento e aseos».
As mesmas fontes engadiron: «Este proxecto repercutirá na posta en valor da Citania de Santa Trega e o seu entorno, un ben patrimonial de gran interese turístico, o que permitirá e dará pé a un novo sistema de xestión do Monte Santa Trega, coa posibilidade de introducir un transporte lanzadeira colectivo para a subida ao Trega dos visitantes, ademais de enlazar cos sendeiros existentes para o acceso a pé.
A execución deste proxecto realizarase en varias fases, sendo esta primeira na cal se preparará e acondicionará o terreo, cunha pavimentación especial para a redución da velocidade dos vehículos así coma a creación dos tres módulos contemplados (control e peaxe, recepción de visitantes e aseos).
Nunha segunda fase, construirase a peza crave do proxecto, o módulo de porta e nunha terceira as ampliacións e modificacións precisas no trazado do vial de acceso rodado».
Segundo pudo saber á Redacción deste xornal dixital, «en total, o espazo de edificacións comprenden unha superficie de máis de 600 m2, baixo as directrices do proxecto redactado polo arquitecto Mauro Lomba Martínez, de A Guarda».
Ningún comentario:
Publicar un comentario