AS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA CONVÓCANNOS A DISFRUTAR NA VILA DE A GUARDA
Este sábado día 11 de agosto, ás 12:00 h., dará comezo o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras
Fermosa xunta de bois que participou na edición precedente do Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte Santa Trega
Fotos: Infogauda
Coorido, tradición, variedade,...Así é o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Desde o día 6 ata ó 13 de agosto, A Guarda celebra por todo o alto ás Festas do Monte Santa Trega 2018. Son, sen lugar a dúbidas, ás máis agardadas por milleiros de persoas que ó longo do resto do ano atópanse fora da súa terra.
As Festas do Monte Santa Trega - que contan coa decraración de Festas de Interese Turístico Galego -, xeran unha potente sinerxia, non soio no termo municipal de A Guarda, senón en toda á contorna.
Son uns festexos con unha ampla programación, na que teñen cabida actividades culturais, deportivas, festivas, gastronómicas,..., e nas que todo o mundo pode participar, porque hai sitio para todos.
Un dos eventos máis salientables das Festas do Monte Santa Trega é o Desfile Folclórico Tradicional e das Bandas Mariñeiras, que terá lugar este sábado día 11 de agosto, a partir das 12:00 do mediodía desde á Alameda ata o porto pesqueiro.
Desde este xornal dixital animamos a tódolas/os veciñas/os e visitantes a sacar do armario seus traxes rexionais, e desfilar con eles para goce persoal e para ademiración dos milleiros de visitantes que se achegan ata nosa vila.
BANDA MAU-MAU: 50 ANOS DE HISTORIA
Vista parcial dos compoñentes da Banda Mau-Mau, no Desfile Folclórico Tradicional das Festas do Monte Santa Trega, 2018
Nesta edición compre salientar que a Banda Mau-Mau cumple medio século de existencia. Como moitos saberán, á fundación da Banda Mau-Mau ten relación directa coa taberna que houbo na Praza de Ignacio Sobrino - coñecida antigamente como Praza da Fariña - e que precisamente se chamaba Mau-Mau, rexentada por Josefina - finada fai uns anos - e seu esposo.
Na taberna Mau-Mau, como noutras que houbo no noso pobo, non soio acudían os pescadores, senón persoaxes como o escritor goianés Eliseo Alonso, o poeta Celso Emilio Ferreiro, o cantautor Suso Vaamonde, os compoñentes do Grupo Folk A Roda, etc.
Nos anos da posguerra, as tabernas eran "onde se arranxaba o mundo". É decir, onde se falaba de todo. Onde os homes botaban á partida de cartas, namentras "tomaban medio" e onde todos éramos copartícipes das tertulias e dos cantos de taberna, que espontáneamente xurdían entre os asiduos deses lugares democráticos, cando a Democracia neste país era unha asignatura pendente.
A Banda Mau-Mau, con máis de un cento de compoñentes, entre mozas e mozos, e tamén veteranos que tocan os bombos, caixas, gaitas, tamboriles,..., teñen seu peculiar "toque" que se chama "O Gato". Moi acorde coa "imaxe corporativa" da devandita taberna, na que figuraban dous gatiños, arredor dunha gran cunca de viño tinto.
Co gallo do 50 aniversario da Banda Mau-Mau, o escaparate do establecemento Mandora, Casa de Música, na rúa de Galicia, acolle desde fai uns meses, unha exposición conmemorativa con fotografías que forman parte da historia desta banda, na que os cores da súa indumentaria son o branco - para o pantalón e á camisa ou blusa - e o azul, para a prenda de cabeza e o faxín.
"O DOMINGO DO MONTE"
O Día Grande das Festas do Monte Santa Trega, é - como acertadamente adoitamos decir os guardeses e veciños dos pobos próximos - "O Domingo do Monte". Nese día, milleiros de romeiros, suben ata o cumio do Trega, donde terá lugar o xantar enxebre, a "troulada", o "forrobodó", a "xura",..., e logo a "baixada", ata O Montiño, para a merenda-cea, e a posterior "desfeita".
"O Domingo do Monte", é un cúmulo de sensacions, de vivencias, de sabores,..., que non se pode descreber con verbas. Hai que vivilo.
FOGOS DE LUCERÍA
E como todo o que comeza remata, ás Festas do Monte Santa Trega, concluirán oficialmente o luns día 13, ás 24:00 horas, con unha gran tirada de fogos de lucería, no porto de A Guarda. Será un espectáculo que atrairá a moitísimas persoas de toda á comarca do Baixo Miño, pois o entorno non pode ser máis fermoso. E se a climatoloxía non o impide, será unha noite memorable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario