CULTURA MARÍTIMA
A EXPOSICIÓN MARCAS PESCADORES DE PÓVOA DE VARZIM E A GUARDA, ESTÁ PATENTE NO MUSEO MUNICIPAL DE ETNOGRAFÍA E HISTORIA

· O acto de inauguración da mostra contou con unha tertulia sobre memorias de pescadores guardeses e poveiros
Fotos: Asociación Cultural de Embarcions Tradicionais Piueiro
Ricardo Rodríguez Vicente / Póvoa de Varzim
Son outros tempos, hai outras razóns para o reencontro, e tamén para proxectos en común, máis o vencello histórico da comunidade pescadora de Póvoa de Varzim e de A Guarda, non se esqueceu, nin por parte dos poveiros nin por parte dos guardeses. É a verdade. Por iso, se algún día os representantes municipais de A Guarda, o consideran, sería oportuno que do mesmo xeito que existe en Póvoa de Varzim unha rúa que leva o nome do noso pobo, houbese outra eiquí, que levase o de Póvoa de Varzim. É por unha cuestión de xusta reciprocidade.
En calquer caso, compre salientar que grazas á iniciativa dos activos membros da Asociación Cultural de Embarcions Tradicionais Piueiro, de A Guarda, os representantes municipais de Póvoa de Varzim e de A Guarda, teñen dado pasos moi significativos no que se refire as relacions entre un e outro municipio. E por aí debemos continuar, poveiros e guardeses, transitando por ese mesmo vieiro que nos xungue como pobos fraternos: O da Cultura Marítima.

Deste xeito, coidamos que poderíamos ir pensando no proxecto de irmanamento oficial entre Póvoa de Varzim e A Guarda. Mentras tanto, tamén é de xustiza decir que as xentes da Póvoa e da Guarda non imos esquecer os antigos vencellos das comunidades de pescadores. E proba diso é a mostra que desde este martes día 3 de xullo está patente no Museo Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim. Ata alí, con toda disposición e a mellor vontade, foron representantes municipais e membros da Asociación Cultural de Embarcions Tradicionais Piueiro. E alí, compartiron cos colegas poveiros vellas lembranzas de tempos doutrora e renovaron o vencello da irmandade entre os dous pobos.
Desde estas liñas, queremos evocar saudosa e respectuosamente, o noso amigo Manuel Lopes, e aló onde esté, con certeza que estará ledo polo feito de que Póvoa de Varzim e A Guarda, desenvolvan tarefas conxuntamente.
A exposición Marcas de pescadores de Póvoa de Varzim e de A Guarda, é boa proba diso.
Todo elo, forma parte do magnífico proxecto que a Asociación Cultural de Embarcions Tradicionais Piueiro está desenvolvendo como limiar do Encontro de Embarcacions Tradicionais que terá lugar na Guarda, no mes de xullo de 2019, e no que ademáis de outras localidades ibéricas de tradición marítima, Póvoa de Varzim, súa xente e súa Lancha Poveiro do Alto - Fé em Deus - serán acollidos no porto guardés, ao igoal que os demáis participantes, cos brazos abertos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario