O DOMINGO EN OIA, CONTOS DO ARRABAL, VISITA GUIADA TEATRALIZADA
· Este domingo, a partir das 20 horas, no marco da Terceira Edición do Festival Costa dos Castros
O barrio do Arrabal, está preto do Mosteiro de Oia
Foto: C. O.
Cristina Correa / Oia
Este domingo, no marco da Terceira Edición do Festival Costa dos Castros, a partir das 20 horas, pódese asistir a primeira visita guiada teatralizada do Arrabal.
Contos que contan as xentes do Arrabal, memoria do que acontecía nestas pedras,…, crenzas, costumes, lendas que contaban os avós e as avoas,… Unha visita guiada polo Arrabal, polo noso espazo, pola nosa memoria… Para revivir, reinventar, soñar… amosar o noso entorno e a nosa vida, feita por nós e para ós nosos.
Os espazos: O río, a fonte de San Cosme, a praza da Centinela, o cárcere de mulleres e o mosteiro.
As historias: A aparición da imaxe da Virxe do Mar, a festa de San Cosme, os xuízos, os habitantes do mosteiro…
É o punto final dun obradoiro de interpretación organizado polo Concello, impartido durante dous meses en Oia, pola compañía A Artística Teatro e Danza. É un encontro entre as asistentes, con patrimonio material e inmaterial do Arrabal, baixo o nome “6X6 Punto de Encontro Costa dos Castros”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario