SANIDADE
APOIO O ACTO DE ENTREGA DE SINATURAS DO PERSOAL DE PAC
As Organizacións
Sindicais con representación na Comisión de Centro de Atención Primaria da área
sanitaria de Vigo apoiamos o acto de entrega
de sinaturas do persoal de PAC (Medicina de familia e Enfermaría),
acompañados de representantes das Organizacións Sindicais, que se realizará o día 31 de xullo ás 11 da mañá, no Edificio
administrativo do SERGAS, na rúa García Barbón 51 de Vigo, reclamando
calendarios axustados coa xornada ordinaria que ten que facer cada profesional.
Este acto forma parte da reclamación, das Organizacións Sindicais e do persoal
afectado, de que se mude o criterio de que “toda xornada traballada ten unha parte de ordinaria e outra de
complementaria” e que se incorpore o que recolle a literalidade do acordado
nos acordos que regulan o funcionamento dos PACs do ano 2008, separando a xornada ordinaria da
complementaria e recoñecendo que a xornada complementaria é a realizada “por riba da acordada como ordinaria”, tal
e como recolle o propio acordo.
Comisión de Centro de Atención Primaria da área
sanitaria de Vigo
Vigo, 30 de xullo de 2018
Ningún comentario:
Publicar un comentario