4 de xul. de 2018

MADRID

AEGAMA CELEBRA NA DELEGACIÓN DA XUNTA/CASA DE GALICIA A SÚA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA  

Previamente a Xunta Directiva tivo un encontro preparatorio

Os directivos de Aegama desenvolveron a orde do día da Asemblea diante dos socios que asistiron
Foto: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA) celebrou hoxe na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria, conforme ao establecido nos seus Estatutos. Previamente, a súa Xunta Directiva, encabezada polo presidente, Julio Lage, tivo un encontro preparatorio da Asemblea.  

 A mesa presidencial da Asemblea estivo composta por Julio Lage, presidente da Asociación, Javier Saguar, vicesecretario, Jesús Marón, vicetesorero, e Isabel Noriega, vogal responsable de Comunicación e Redes Sociais.  

 A Asemblea Xeral de Aegama coñeceu e ratificou a súa Memoria de Actividades correspondentes ao exercicio 2017, aprobou as contas anuais e a xestión da Xunta Directiva durante ese mesmo período, coñeceu e ratificou o Plan de Actuación para o exercicio 2018 e aprobou o orzamento para o mesmo.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario