10 de xul. de 2018

DEPORTES

HOCKEY LIÑA


REPRESENTACIÓN NA SELECCIÓN GALEGA DE HOCHEY LIÑA

Tres xogadores e un membro do corpo técnico, participaron na terceira edición do Torneo de Seleccións Autonómicas de Hockey Liña






Informa (fotografías e Redacción): Miguel Fernández / A Guarda


 A pasada fin de semán disputouse no pavillón de Zorrotza de Bilbao a terceira edición do Torneo de Seleccións Autonómicas de Hockey Liña. Entre a convocatoria da Selección Galega tres xogadores e un membro do corpo técnico do clube guardés A Guarda Hockey Liña.  

 A porteira Sheila Silva e a xogadora Berta Gutiérrez foron convocadas pola Selección Femenina Sub20 e acadaron a segunda praza do torneo, e o xogador Tomás Gutiérrez foi chamado pola Selección Galega na categoría alevín acadando a quinta praza.  

 Por outra banda o adestrador Miguel Fernández acudiu a cita en Euskadi coma membro do equipo técnico da Selección Galega, desenvolvendo as labores de xefe de prensa da expedición así coma as de colaboración cos Seleccionadores Galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario