10 de xul. de 2018

A GUARDA

O Centro Cultural da Guarda acolle unha exposición de fotografía aérea

Pablo Lubians

Infogauda / A Guarda

 A Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle ata o 27 de xullo a Exposición “Cambia de Perspectiva” de Pablo Lubians, unha mostra de 15 fotografías aéreas capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva fora do habitual.

 Sen dúbida unha exposición que gustará moito aos amantes da fotografía e aos veciños da vila, onde coñecerán A Guarda dende un punto de vista diferente, “a vista de paxaro”.


 Pablo Lubians

 Pablo Lubians é o fundador da empresa pontevedresa Voando Drone, especializada en traballos aéreos con drones, cunha longa experiencia neste tipo de traballos ao longo de toda a xeografía galega, adícase profesionalmente á gravación de fotografía e vídeo aéreo, inspeccións de obra civil, vixiancia, cobertura de eventos deportivos, entre outras.


 A exposición se pode visitar nas instalacións do Centro Cultural da Guarda, en horario de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.,  e os sábados en horario de 10:00 h. a 13:00 h.

Ningún comentario:

Publicar un comentario