18 de xul. de 2018

A GUARDA

DEPORTES

IV Torneo Basquet 3x3 Vila da Guarda

 · Este sábado 21 de xullo, nas pistas do Centro Cultural 


Infogauda / A Guarda

 Este sábado día 21 de xullo de 2018, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acollen a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda.  

 Se desexas participar co teu equipo tan só tes que inscribirte premendo eiquí

 O prezo por equipo é de 20€ e en total establécense un máximo de 12 equipos para o torneo.  

 O Torneo celebrarase ao longo de toda a xornada deste sábado, e coma ven sendo habitual contarase co acompañamento musical de DJ´s, un torneo de triples para os inscritos e tamén o triple do espectador.  

 O torneo está organizado por Baixo Miño Basket e conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello da Guarda e varias entidades comerciais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario