Ardentía e Milladoiro en concerto
· Actuarán este sábado día 21 de xullo, na Fortaleza de Santa Cruz
· Na cuarta edición do Festival «Noites no Castelo»
Infogauda / A Guarda
Este sábado día 21
de xullo a partires das 22:30 horas, celébrase unha nova edición de Noites no
Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da
Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
Nesta cuarta
edición contarase coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e
Milladoiro, enchendo de boa música galega este emblemático espazo da vila guardesa, a Fortaleza de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Ardentía
Ardentía
A actuación do
grupo Ardentía está prevista para as 22:30 horas. Este grupo de música galega será o
encargado de inaugurar esta cuarta edición de Noites no Castelo. Ardentía é un
grupo de música tradicional galega nado en 1990 na cidade de Vigo, que
incorpora instrumentos que non adoitaban estar presentes nas formacións de
música folk galega coma o birimbau, o clarinete ou a requinta.
Milladoiro
Milladoiro
Sobre as 23:30 horas, está prevista a actuación dun dos grupos máis importantes de Galicia: Milladoiro.
Cunha traxectoria de máis de 35 anos, subirán ao escenario de
Noites no Castelo para rememorar as mellores cancións dos seus 20 traballos
discográficos e as novidades de “Atlántico” o seu último disco editado este
mesmo ano.
O
Festival Noites no Castelo consolídase xa coma unha cita musical ineludible do
calendario de verán do Concello da Guarda, habendo pasado polo seu escenario grupos
coma a Banda Crebinsky, o gaiteiro Xosé Manuel
Budiño, a cantante Mercedes Peón, a gaiteira Susana Seivane ou o grupo folk A
Roda.
E os do concello (como non) limpanlle o castelo pra que esté bonito pros FAMOSILLOS, pero cando se trata de outros concertos de xente mais humilde, teñen que limpar eles se non queren que os coman as herbas.Señores alcalde, concelleira de cultura etc....xa lles vale! Teñen mais cara que un saco de perras.
ResponderEliminar