Exposición fotográfica «Así Somos»
Inaugúrase o venres día 20 de xullo, ás 21:00 h., na Casa dos Alonso
Infogauda / A Guarda
A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle este venres día 20 de xullo ás 21:00 horas, a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que a través de imaxes recolle o día a día da poboación guardesa.
Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 26 de agosto de martes a sábado de 12:00 a 14:00 horas, e de 19:00 a 22:00 horas. E os domingos e festivos de 12:00 a 14:00 horas.
A exposición reúne un total de sesenta fotografías tiradas entre os anos 2014 e 2018 onde se reflexa o día a día dos veciños da vila, os seus oficios, con especial atención os relacionados co mundo do mar, pero tamén os momentos de ocio, as festas e tradicións, estampas de vida cotiá,..., que configuran o espírito desta proposta.
Unha representación costumista e popular, a cabalo entra a reportaxe etnográfica e o retrato artístico, entre o antropolóxico e o fotoxornalismo, que nos achega a esencia do cotián da Guarda e as súas xentes.
Durante esta temporada estival na Guarda, a mostra é unha cita ineludible para veciños e visitantes, e por suposto para os amantes da fotografía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario