O Concello da Guarda e a Asociación Rock´n´Rolla valoran positivamente a Iª edición do Interlude Fest
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, reuníronse cos representantes da Asociación Rock´n´Rolla, organizadora do I Interlude Fest
Fotos: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
Este venres día 6 de xullo de 2018 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, reuníronse cos representantes da Asociación Rock´n´Rolla, organizadora do I Interlude Fest celebrado o pasado sábado 30 de xuño na Fortaleza de Santa Cruz.
Nesta reunión valoráronse múltiples aspectos desta primeira edición, de cara a melloralos nas vindeiras edicións, para a consolidación dun evento, que aspira a converterse nunha cita máis do calendario e programacións da axenda cultural de verán do Concello da Guarda.
Este evento multicultural, congregou a máis de dous milleiros de persoas que dende ás 11:00 horas participaron nas diferentes actividades programadas, cun mercado solidario en colaboración co colectivo solidario Conrazones, mercado de artesanía, así coma probas deportivas un campionato de petanca, xogos populares e actividades para os máis pequenos da casa.
A implicación de veciños e visitantes foi moi boa, superando as espectativas iniciais da organización do evento, achegándose tamén xente de toda a comarca do Baixo Miño e arredores. Durante a xornada contouse coa amenización musical do Trebón dos Xidos e Gaiteiros do Fuscalho.
Xa pola noite, dende as 20:00 horas, os concertos amenizaron esta Iª edición contando coa participación dos grupos Perseide, Tati's Joplin, Santos Morcegos, Mano de Piedra, Terader, Kuna de Odio, Teseracto e Sulf-atäR. As actividades foron totalmente de balde e contouse coa colaboración do Concello da Guarda e diferentes casas comerciais.
É positivo que os policias botaran fora a xente e tamén os grupos participantes? ¿Desde cando iso é positivo?
ResponderEliminarO Sr. alcalde me parece a min que presiona a organización para que non proteste, pero non somos idiotas ainda que nos queiran facer!