A Guarda resolve o nomeamento do tribunal cualificador e as probas para a contratación dunha praza de patrón de embarcación
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda informa que ven de resolver o nomeamento do Tribunal cualificador para a contratación dunha praza de patrón de embarcación para o Concello da Guarda.
Aprobadas mediante Decreto da Alcaldía 2018-0623, de 25 de xuño de 2018, as bases para a contratación dunha praza de patrón de embarcación para o Concello da Guarda, o tribunal cualificador quedará composto por:
Presidente: Don Juan Antonio Taboada Veiga, cabo xefe da policía local do Concello de A Guarda (titular); Don José Luis Gil Vicente, funcionario do concello de A Guarda (suplente). Secretaria (que actuará con voz e voto): Dona Mª Montserrat Mariño Álvarez, funcionaria do concello de A Guarda (titular); Dona Julia María Carrasco González-Alegre, secretaria do Concello da Guarda (suplente).
Vogais: Don Manuel Ángel González Martínez, Policía Local do concello de A Guarda (titular); Don David Aragunde Arppe, Interventor do concello de A Guarda (suplente); Don Rafael Alonso Vicente, Policía Local do concello de A Guarda (titular); Don Luis Miguel Sueiro Mejuto, Tesoureiro do concello de A Guarda (suplente); Don José Mª Álvarez Álvarez, funcionario do concello de A Guarda (titular); Don Hermelindo Martínez González, persoal laboral do concello de A Guarda (suplente).
A constitución do tribunal terá lugar o mércores 11 de xullo, ás 16:15 horas no peirao da Pasaxe (ó lado do ferri).
A proba práctica prevista nas bases, terá lugar o mércores 11 de xullo, ás 16:30 horas, no peirado da Pasaxe (ó lado do ferri), debendo vir previstos os aspirantes con seu DNI.
Finalizada a proba práctica, levarase a cabo a valoración de méritos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario