A Biblioteca Municipal da Guarda ofrece Mochilas Viaxeiras no verán
· As persoas que así o desexen, poden achegarse á Biblioteca e levar en préstamo unha mochila cun número máximo de dez libros a escoller por eles mesmos durante un prazo dun mes
Infogauda / A Guarda
A Biblioteca Municipal da Guarda acompaña aos lectores coas Mochilas Viaxeiras durante os meses de xullo, agosto e setembro.
As persoas que así o desexen, poden achegarse á Biblioteca e levar en préstamo unha mochila cun número máximo de dez libros a escoller por eles mesmos durante un prazo dun mes. Cada mochila leva unha libreta para anotar opinións.
Esta actividade ten como finalidade crear hábitos lectores, fomentar a lectura en familia e o diálogo coa posibilidade de expresar e compartir as súas experiencias sobre o material prestado.
Máis información na Biblioteca Municipal da Guarda situada no 1º andar do Centro Cultural, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario