3 de xul. de 2018

A GUARDA

A Guarda felicita aos deportistas Iago Soler, Elsa Pena e Sergio Rodríguez polos seus éxitos deportivos  

Iago Soler Lomba - no centro da imaxe - acadou catro medallas no Campionato Galego de Natación


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda quere felicitar aos deportistas que na pasada fin de semana acadaron varios éxitos deportivos nas súas respectivas modalidades.  

 Por unha banda Iago Soler Lomba participaba na xornada do sábado no Campionato Galego de Natación na Piscina Rosario Dueñas de Ourense, onde obtivo moi bos resultados cun ouro en 100m mariposa, ouro en 100m espalda, prata en 100m libres e bronce en 200m espalda. Iago Soler, de 13 anos compite na categoría Alevín 2005 e foi cedido polo Clube de Natación Codesal ao Clube Náutico de Vigo para participar nesta proba. Iago fixo neste campionato unha marca mínima que lle permitirá participar no Campionato de España en Sabadell do 19 ao 22 de xullo.  

Elsa Pena Vicente - primeira pola esquerda do equipo azul, situado no centro da imaxe - acadou dúas medallas de ouro 

 A promesa do atletismo Elsa Pena Vicente participaba en Badajoz no Campionato de España de Triatlón Escolar e Autonomías, acadando o ouro xunto cos seus compañeiros de Galicia na categoría Cadete na proba de relevos mixtos, ouro por equipos e ouro en individual. 

Sergio Rodríguez Teixeira acadou o Subcampionato Galego Absoluto de Atletismo
Foto: Adrián Abad


 Como xa informamos na nosa edición de onte, o atleta guardés Sergio Rodríguez Teixeira participou a pasada fin de semana no Campionato Galego Absoluto de Atletismo, celebrado nas Pistas de Elviña da Coruña, onde acadou o Subcampionato Galego con 21.76, unha marca mínima que lle permitirá participar no Campionato de España Absoluto este mesmo mes en Getafe.   

 Dende o Concello da Guarda congratúlanse dos éxitos acadados polos deportistas guardeses, animando á participación e á práctica deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario