MITIC e Celina da Piedade pratos fortes na amenización musical da XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira
MITIC
Celina da Piedade
Infogauda / A Guarda
A XXVIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira que se celebra na Guarda do 6 ao 8 de xullo contará cunha intensa programación.
No eido musical, ademais dos grupos de música tradicional coma A Boalleira, os grupos que participarán no serán mariñeiro do venres, o grupo pop-rock Acevedos Delgados que amenizarán a quenda do vermut e para a tarde do domingo o grupo de punk infantil Peter Punk e Brais das Hortas nun espectáculo dirixido as familias, contarase con actuacións estelares para as noites da fin de semana:
MITIC
A actuación de MITIC está programada para as 23:00h da noite do sábado 7 de xullo no Porto da Guarda, cun potente espectáculo musical onde a gaita é a protagonista acompañada doutros instrumentos de vento, corda e percusión. Máis de 15 músicos ofrecerán un concerto no exterior da carpa cunha proposta diferente onde reinventan aos clásicos do rock e do pop con versións de AC/DC, Cómplices,...
Celina da Piedade
Como peche a festa o domingo a partires das 20:30 horas terá lugar a Noite de Fados coa actuación estelar de Celina da Piedade, recoñecida artista portuguesa que ofrecerá unha viaxe pola música tradicional portuguesa co seu acordeón.
Ningún comentario:
Publicar un comentario