O CEMITERIO CIVIL E A FOSA COMÚN DE SESTÁS SEMELLAN UNHA "SELVA"
Infogauda / A Guarda
A vista desas catro imaxes fotográficas - entre outras moitas que poderíamos publicar, pero que tampouco é necesario redundar - que dúas amables lectoras deste xornal dixital tiveron a ben remesar no día de hoxe 4 de xullo de 2018, á Redacción de Infogauda, podemos afirmar rotundamente que a Memoria Histórica semella ser - alomenos no pobo de A Guarda - un asunto menor. Sen importancia.
Esa é a conclusión a que calquer cidadán mínimamente sensible, pode obter, a vista do calamitoso estado no que se atopan tanto o cemiterio civil como a fosa común de Sestás. Dous lugares, directamente vencellados a Memoria Histórica do pobo de A Guarda, de Galicia, de España,..., e que visto o visto - e non é a primeira vez que facemos observacions deste tipo - semellan ser máis un inconvinte, que un espazo para á reflexión e para manter viva á lembranza aos que deron súas vidas pola Democracia. E por suposto, para valorar o que temos, o que somos, e o que nos legaron aqueles que xacen neses lugares, que deberan ser coidados con esmero, para estaren sempre, en perfecto estado de revista, non no senso castrense desa expresión, obviamente, senón que calquer cidadán, guardés, da contorna, ou visitante, atope un espazo digno e decoroso, acorde coa cidadanía de un pobo - A Guarda - que soubo ser solidaria cos prisioneiros do infame Campo de Concentración que os mandos golpistas implantaron na Pasaxe (Camposancos) no Colexio dos Xesuitas.
Con soio segar periódicamente á herba, tendo a preocupación de que non creza máis do que sería aceptable, xa sería moito. Esa foi, o longo de varios anos, á finalidade pola cal, a Comisión Pro-Fosa Común, tiña unha persoa encarregada do mantemento periódico dese recinto. A partires do pasamento de Manuel Domínguez Pacheco "Taxota" e de súa compañeira Concha Verde, a cousa mudou sensiblemente. E non para ben, precisamente.
Por iso, en vista do abandono reiterado que presenta o recinto da fosa común de Sestás, coidamos que hai que buscar unha solución duradeira no tempo, que garanta o mantemento dese lugar en condicions. E se os guardeses non somos capaces de logra-lo, será porque esquecemos moi axiña.
Desde este xornal dixital instamos, respectuosamente, a que por parte de quen corresponda, se adoiten ás medidas correctoras para que tanto o cemiterio civil como a fosa común de Sestás, sexan tratados con dignidade.
Mentras tanto, eses lugares semellan ser unha "selva", na pior das acepcions. E iso, que dúbida cabe, non di nada a favor de ninguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario