30 de xul. de 2018

A GUARDA

Nova cita do Cinema de Verán ao aire libre 

Este mércores día 1 de agosto, ás 22:00 h., na Praza do Reló

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrase na Praza do Reló do municipio cun total de 3 sesións de cinema para todos os públicos.  

 A primeira cita celebrouse o pasado día 11 de xullo coa proxección de “Un Italiano en Noruega”, unha das películas máis “taquilleiras” en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores.  

 A seguinte cita terá lugar este mércores día 1 de agosto ás 22:00h coa proxección de La La Land, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50´s, e o venres 17 de agosto ás 22:00h coa proxección de “Bebé Jefazo”, unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.  

 Dende a Concellería de Cultura anímase a todos os veciños e visitantes a gozar destas proxeccións ao aire libre na Praza do Reló.

Ningún comentario:

Publicar un comentario