30 de xul. de 2018

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

A GUARDA HOCKEY LIÑA ORGANIZA O TORNEO FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

Disputarase o sábado día 4 de agosto, desde ás 4 da tarde, no pavillón Antonino Torrón, do colexio As Solanas 


Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 O vindeiro sábado día 4 de agosto disputarase no pavillón Antonino Torrón Fernández, do colexio As Solanas, de A Guarda, o tradicional torneo Festas do Monte de Hockey Liña.  


 Organizado polo clube local A Guarda Hockey Liña e coa colaboración da Comisión das Festas do Monte Santa Trega, a edición deste ano disputarase en formato triangular entre os equipos infantís de A Guarda Hockey Liña, Morcegos HL de Ourense e Vigo Blue Ringed. Así mesmo na categoría senior mixto o trofeo xogarase entre A Guarda Hockey Liña e Abuelos Team, conxunto formado por xogadores veteranos dos equipos da contorna.  

 Dende as catro ás oito da tarde achégate ás Solanas para vibrar co mellor Hockey Liña! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario