30 de xul. de 2018

A GUARDA

A Guarda prepárase para celebrar as Festas do Monte Santa Trega 

Do 6 ó 13 de agosto de 2018


Infogauda / A Guarda

 A Guarda acolle do 6 ao 15 de agosto as Festas do Monte Santa Trega, declaradas de Interese Turístico de Galicia, que contan un ano máis, cunha ampla programación de actividades, destacando as actividades deportivas e culturais, as noites de verbenas, así coma o Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras, do sábado e a romería do Domingo do Monte.  

 As Festas do Monte Santa Trega están organizadas pola Asociación Cultural e Deportiva O Cancelón e o Concello da Guarda, contando coa colaboración da Deputación de Pontevedra, así como dunha boa representación das asociacións culturais e deportivas do municipio, participando activamente en diferentes actividades da programación.  

 No apartado deportivo destacan, entre outros eventos,  o Trofeo Festas do Monte de Hockey Liña, as Carreiras Pedestres ou a Marcha Cicloturista Popular.

 O pobo de A Guarda acolle a milleiros de visitantes, atraídos pola ampla programación de actividades e as noites de música nas verbenas da Alameda da Guarda, que este ano contará coas actuacións das orquestras e grupos musicais Johnny Maquinaria, California, Finisterre, Ritmo Noche, Tango, Garibaldi, Passarela, América, Europea, Azúcar, Cibeles, Los Gemas, Edgar Bao (La Voz Kids), Caramelo e Ámbar.  



 O Desfile Desfile Folclórico Tradicional e de Bandas Mariñeiras un dos eventos que congrega a unha maior cantidade de público e asistentes, participando no mesmo ao redor de 3.000 persoas, entre grupos musicais, treboadas, particulares e as Bandas Mariñeiras. 


 O día principal é sen dúbida o Domingo do Monte cando máis de 10.000 persoas se congregan no Monte de Santa Trega para participar nun xantar enxebre e disfrutar presenciando as Bandas Mariñeiras, un espectáculo de lecer cheo do coorido das vestimentas propias de cada Banda Mariñeira, que ao son dos bombos, caixas, gaitas e pandeiretas, amenizan esta gran xornada, cada unha co seu característico son. 

 A noitiña terá lugar a Baixada do Monte ata o Parque do Cancelón e posteriormente a Desfeita ata a Alameda e Rúa Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario