MAGNÍFICO III CONCERTO DE PELÍCULA, DA BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda no seu III Concerto de Película
Foto: Eduardo Rodríguez Pereira
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
De película! Así foi o concerto que na óptima noite - por temperatura, por ambente e por atractivo cultural - do venres día 27 de xullo de 2018, ofreceu a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, no "auditorio", presidido pola Vía Láctea e a Lúa chea de xullo, no Portiño Novo, do peirao guardés, co gallo da XV Festa do peixe espada, organizada por OR.PA.GU..
No III Concerto de Película, que nos brindou a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida polo profesor Víctor Luis Alonso Treinta, quedou de manifesto o magnífico nivel interpretativo do conxunto dos músicos que dan corpo a esta xoven banda de música.
Compre salientar, porque senón igoal se pode pensar que as cousas son froito do azar, que para acadar os logros, tanto a nivel individual como colectivo, hai moito, pero moito, traballo detrás. Moito sacrifizo, moita renuncia, moitas ganas de progresar, musicalmente falando, e hai, tamén - é necesario decilo -, moito apoio das unidades familiares, maioritariamente traballadoras, das que proceden cada ún dos membros da banda, os cales (director, directivos, familias, músicos,...), forman esa gratísima, heteroxénea e numerosa familia, que se chama Agrupación Musical de A Guarda. Grazas a todas e cada unha desas persoas, desas familias,..., o pobo de A Guarda ten - sen menoscabo de ningún outro -, unha entidade musical que é orgullo de todos. E non é doado, sobor de todo, cando no municipio de A Guarda hai tanta vida socio cultural, e as veces, o estarmos na periferia, semella que desde alguns lugares de decisión política de Galicia, na néboa da distancia, non acertan a ollarnos como merecemos. Pero aquí estamos, con feitos e realidades intanxibles. A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, é boa proba delo.
E así foi como o pasado venres, ao igoal que nas edicións precedentes dos Concertos de Película, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, gañouse, unha vez máis, á simpatía do respectable público que cubriu con creces o aforo de cadeiras disposto pola organización do evento, e mesmo superou ampliamente tódalas previsions, polo cal moitas persoas tivemos que estar de pe. E estivemos ata o final do concerto.
No III Concerto de Película, a Agrupación Musical de A Guarda interpretou 15 obras creadas por destacados compositores de prestixio internacional, que forman parte das versions sonoras orixinais de coñecidos filmes (Cinema Paradiso, El Bueno, el Malo y el Feo, James Bond 007, La Pantera Rosa, Los siete magníficos, El último mohicano, La Misión, La Roca,...), entre eles, grandes produccions cinematográficas - La lista de Schindler, Rocky, Star Wars, Parque Jurásico, Guerra de Tronos, ...,- que acadaron grandes éxitos de taquilla.
Ennio Morriconi, David Arnold, Vangelis, Henry Mancini, John Williams, James Last, Hans Zimmer, Harry Gregson, Williams Nick, Glennie Smith, Ramin Djawadi,..., son algúns dos compositores, cuxas obras, combinadas con imaxes en movemento, formaron parte do programa que interpretou a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, e que foron correspondidas cos aplausos do respectable público, formado por veciños de A Guarda e súa comarca, e por veraneantes.
O III Concerto de Película, contou co apoio da Deputación de Pontevedra, do Concello de A Guarda e de OR.PA.GU..
Grazas os compoñentes da Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, foi unha noite memorable.

Ningún comentario:
Publicar un comentario