29 de xul. de 2018

O ROSAL

AS PANDERETEIRAS TREMELIQUE, DO ROSAL, TRIUNFAN EN RIANXO

· Gañaron o 1º premio do II Festival Interritmos: Baile e Música Tradicional e o 1º premio do concurso Cultivando Música

Pandereteiras Tremelique, do Rosal
Fotos: P. T.

Infogauda / O Rosal

 As Pandereteiras Tremelique, do Rosal, que dirixe a profesora Berta Castro, veñen de quedar gañadoras - finalistas no II Festival Interritmos: Baile e Música Tradicional celebrado onte sábado 28 de xullo, en Rianxo (A Coruña). Destes finalistas no festival saen dous gañadores do concurso Cultivando Música e tamén gañaron. 

As compoñentes de Tremelique amosando unha das acreditacions dos premios conqueridos onte en Rianxo

 O premio do II Festival Interritmos: Baile e Música Tradicionalé a gravación dun single e un videoclip nun estudo de gravación profisional.

 E do concurso Cultivando Música, o premio é a participación en setembro deste ano, no Festival da Luz, en Boimorto (A Coruña).

Ningún comentario:

Publicar un comentario