27 de xul. de 2018

A GUARDA

DEPORTES

Recepción oficial do Mecalia Atlético Guardés no Concello de A Guarda 

Aproveitouse a ocasión para realizar a sinatura do convenio entre esta entidade deportiva e o Concello da Guarda para subvencionar a súa actividade deportiva

No acto interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González; a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez; así coma o presidente do clube, José Manuel Silva Vicente e a capitana do equipo, Estela Doiro Rodríguez
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este venres día 27 de xullo de 2018, no Salón de Plenos do Concello da Guarda tivo lugar unha recepción oficial ás xogadoras do novo plantel do Mecalia Atlético Guardés para a tempada 2018/2019.  


 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, sinalouse que esta recepción fíxose co obxectivo de dar os parabéns ao equipo que o remate da tempada 2017/2018, quedou subcampión da liga da DHF de balonmán, empatado a 46 puntos co Super Amara Bera Bera, primeiro clasificado, toda unha honra ao mérito deportivo para o municipio de A Guarda.  


 No acto interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González; a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez; así coma o presidente do clube, José Manuel Silva Vicente e a capitana do equipo, Estela Doiro Rodríguez.  


 Antonio Lomba destacou a traxectoria deste clube de balonmán feminino local, que leva o nome da Guarda ben alto alí onde compite, loando o subcampionato acadado a pasada tempada, así coma o campionato da anterior, unha xesta deportiva que ben merece un recoñecemento, e engadiu: “Agardo que esta nova tempada sexa igual ou mellor que a anterior. Os vosos éxitos son os nosos éxitos”. 

 Manuel Javier Crespo González motivou as xogadoras, dando a benvida ás novas incorporacións nesta tempada, animando a traballar en conxunto para voltar a estar no alto da táboa clasificatoria.  



 Estela Doiro, capitana do equipo agradeceu esta recepción, agardando poder gozar e festexar novamente os éxitos deportivos na Guarda.   

 Dende o Concello da Guarda se fixo un agasallo ao clube, agardando que esta nova tempada 2018/2019 estea chea de éxitos e satisfaccións deportivas. 


 Asemade, aproveitouse a ocasión para realizar a sinatura do convenio entre esta entidade deportiva e o Concello da Guarda para subvencionar a súa actividade deportiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario