5 de xul. de 2018

A GUARDA

O PP de A Guarda denuncia a falta de apoio do grupo de goberno socialista no I Festival solidario Interlude Fest

Roberto Carrero, xunto a Porta do Socorro da Fortaleza de Santa Cruz de A Guarda, amosa a deixadez e o estado lamentable de acceso ao castelo no que se celebrou o I Festival solidario Interlude Fest de A Guarda 

Partido Popular / A Guarda

 Roberto Carrero, presidente do PP de A Guarda, mantivo esta semana reunións con varias persoas que colaboraron e axudaron a organizar o I Festival solidario Interlude Fest de A Guarda, na que lle trasladaron a súa decepción e tristura pola falta de implicación do goberno socialista na organización do I Festival Interlude Fest da vila. 

 A iniciativa do festival partiu da asociación Rock´n´Rolla de A Guarda, presentando a súa solicitude co preceptivo proxecto para realizar o evento en xaneiro do presente ano aportando unha lista pormenorizada das actuacións e necesidades para ó mesmo: utilización do Castelo de Sta. Cruz, baños internos, escenario de 100 m2, operarios para a montaxe do escenario, vallas para delimitación de zonas, etc., atopáronse, despois de múltiples excusas por parte do grupo de goberno, cun ridículo escenario de 30 m2 pois, segundo a concelleira de cultura, Dona Elena Baz, o evento non ía ter a relevancia nin a evergadura suficiente.  

 Asemade, foron os promotores do festival, xunto con varios colaboradores, quen, unas horas antes do inIcio do festival, tiveron que desbrozar e limpar a lume de carozo a zona interior na que se ía celebrar o festival. Outros dos descalabros sufridos polos organizadores do festival foi o peche dos baños interiores do Castelo de Sta. Cruz, dado que operario do concello terminaba a súa xornada, tivendo que contemplar os asistentes a imaxen nada edificante de xente facendo as súas necesidades nos lenzos das murallas do castelo ou en recunchos agochados, así como a nula aportación económica para o evento por parte do concello, etc.    

 Estas persoas que colaboraron e axudaron a organizar o I Festival solidario Interlude Fest de A Guarda queixáronse ante o Partido Popular de A Guarda da nefasta xestión que realizou a concelleira de cultura, Dona Elena Baz, así como da despreocupación e falta de interés do alcalde, Don Antonio Lomba, xunto ca do seu grupo de goberno (entre o que se encontra unha deputada provincial), trasladándolle toda a xestión a concelleira de cultura, e non sabendo esta asumir a organización administrativa do acto.  

 Dende o PP de A Guarda denunciamos esta situación. En palabras do presidente local, Roberto Carrero: “os que asistimos ao I Interlude Fest solidario no Castelo de Sta. Cruz atopámonos cuns accesos en estado selvático e, segundo transmítenme os organizadores, o grupo de goberno socialista non se preocupou nin de limpar a maleza nos arredores e entradas ao castelo; por outra banda, os servizos interiores estaban pechados pois o operario municipal marchouse, negándose a entregar chaves aos organizadores posto que non tiña ordes do Concello; os asistentes ao evento realizaban as súas necesidades na muralla, en sitios escondidos ou onde cadraba… foi un espectáculo lamentable froito, estimamos, da falta de colaboración e abandono do Concello”.

 Carrero engade: “Nada se pode reprochar aos organizadores do evento quen, cunha coraxe tremenda, e con escasos recursos, realizaron un acto lúdico-cultural máis que digno, orientado a pequenos e maiores, e onde guardeses e foráneos gozamos dun día de lecer diferente e atractivo. Unhas 2.000 persoas mínimo pasaron polo evento durante o día. Por unha banda, sinto pena pola imaxe de abandono que presentaban os arredores e entradas do Castelo de Sta. Cruz, reflexo da xestión e proxecto que o grupo de goberno socialista ten para A Guarda; por outra banda, tampouco podo deixar de lamentar profundamente, tal como así me transmitiu a asociación Rock´n´Rolla de A Guarda, a falta de apoio do grupo de goberno do Concello. É obriga dos dirixentes políticos non só apoiar calquera iniciativa que impulse a acción popular dun pobo, senón tamén fomentar todas as actividades que sexan beneficiosas para a cidadanía. Por desgraza, e ao noso entender, o grupo de goberno socialista está a mirar cara a outro lado. 

 Estamos fartos de oír: A Guarda está morta… A Guarda non está morta, está a matala o grupo de goberno coa súa nefasta xestión. 

 Como di o Cantar de Mío Cid: que buen vasallo sería, si tuviese buen señor”.

 Desde a formación política do Partido Popular da Guarda queremos expresar todo o noso apoio incondicional á asociación Rock´n´Rolla de A Guarda e os diferentes colectivos implicados polo seu traballo solidario no I Interlude Fest, facendo extensivo ese mesmo apoio a calquera iniciativa que sexa beneficiosa para A Guarda.


(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario