A Guarda acolle a IV edición do Galifornia Beat
Os días 3 e 4 de Agosto de 2018, nas pistas deportivas e arredores do porto guardés
No acto de presentación interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez, así como representantes da Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento.
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
No Salón de Plenos do Concello da Guarda ven de realizarse a presentación diante os medios de comunicación, da IV edición do Galifornia Beat, un evento multicultural que terá lugar os días 3 e 4 de agosto de 2018 nas pistas deportivas e arredores no Porto da Guarda, cunha superficie total de 30.000 m2.
No acto interviron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Cultura, Mª Elena Baz Rodríguez, así como representantes da Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento.
Para a concelleira de Cultura, Elena Baz, o Galifornia é un evento que ben merece o apoio do Concello, non só pola gran cantidade de público asistente, senón pola variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas.
O alcalde da Guarda valorou positivamente o extenso programa desta cuarta edición e amosouse sorprendido pola ambición dos seus organizadores, con exhibicións que só chegan á Guarda a través deste evento, aproveitando para anunciar que dende o municipio se está apoiando a práctica do skate, e que xa se conta coa autorización de Portos de Galicia para que no vindeiro ano sexa unha realidade o proxecto para a nova pista de skate na zona da Atalaia do Porto, unha actuación que se levará a cabo a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, xunto cunha ampliación do espazo xa existente, que será asumida con fondos propios, o que permitirá que para a edición 2019 o Galifornia teña un espazo novo, mellorado e con instalacións de moita calidade.
PINTADO DO CONTRADIQUE DO PORTO DE A GUARDA
Antonio Lomba tamén aproveitou esta presentación para anunciar que o pintado do Espigón Norte do Porto da Guarda iniciarase coincidindo coa celebración deste evento, engadindo unha mostra máis de arte urbano ao mesmo, unha actuación que será levada a cabo polos artistas locais Nuvi & Exfico.
En canto a programación desta cuarta edición Beatriz Fernández engadiu que este festival nace da necesidade do pobo dunha cultura multidisciplinar que conxuga verán, deporte, arte e música, contando cunha extensa programación de actividades coma sesión vermouth, concertos, graffitis, break dance, market place e moito máis.
No apartado musical o IV Galifornia Beat contará coas actuacións dos grupos Belgrado (Córdoba), Kings of the Beach (Vigo), Fuzzil (Portugal), Glitter & Litter (Pontevedra), Milhomes (A Guarda), Los Lombardi (Portonovo) e Crema (Gijón).
Destacou a organización do evento o WS Skateboard School, unha escola de skate para nenos e de balde, onde os máis pequenos poderán aprender este deporte da man de profesionais. Tamén o BikeTrial, con deportistas que virán dende Santiago de Compostela a competir ou o Open de S.K.A.T.E. onde os trucos e acrobacias serán os protagonistas. Coma novidade a “Batalla de Gallos” ou a Peluq art, perruqueria e estética pola vontade, onde os fondos serán destinados a organización do evento.
Programación:
Venres 3
12:00h Apertura Food Trucks e Market Place
14:00h Skate libre
19:00h Best Trick
20:00h Batalla de gallos
21:00h Concertos e Afterparty
Sábado 4
10:00h-11:00h Inscricións Street Sub 16
11:00h Street Sub 16
12:00h WS Skateboard School
13:00h Concerto de sesión vermouth
14:00h-16:00h Inscricións
16:00h Open S.K.A.T.E.
17:00h Open Street
18:00h Exhibición Biketrial
18:30h Masterclass Break Dance
20:00h Open Mini Ramp/Concertos
22:00h Entrega de premios
Fin: Afterparty
Ningún comentario:
Publicar un comentario