23 de xul. de 2018

DEPORTES

PIRAGÜISMO

ÉXITO DOS TEIXUGOS NA QUINTA COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM 

Os podios da categoría infantil estiveron dominados polos teixugos e teixugas que acudiron ao evento 


Informa (fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera

 Onte domingo día 222 de xullo, celebrouse en Monforte de Lemos a quinta proba da Liga Galega de Promoción de Slálom da que o Club Deportivo Miño-Teixugos retornou con nove medallas. Os podios da categoría infantil estiveron dominados polos teixugos e teixugas que acudiron ao evento. 



 En Infantil masculino, Sergio Rodríguez foi ouro en caiac e prata en canoa, Samuel Castro ouro en C1 e bronce en K1, Alexis Segadaes prata en K1 e Mateo Álvarez rematou octavo en K1. 


 En Infantil feminino, Ainhoa Barreiro dominou en K1 e foi segunda en C1, mentras que a súa compañeira de equipo e categoría Alba Soutelo foi primeira coa canoa e prata en caiac.  

 Éxito total para os teixugos e teixugas na quinta Copa Galega, a vindeira cita dos padeeiros do Club Deportivo- Miño será a próxima fin de semana na Seu d`Urgell onde terá lugar o Campionato de España, nesta ocasión das categorías superiores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario