Cinema de Verán ao aire libre na Praza do Reló
· A primeira será este mércores día 11 de xullo ás 22:30 horas coa proxección de “Un Italiano en Noruega”
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrarase na Praza do Reló, con 3 sesións de cinema para todos os públicos.
A primeira cita celebrarase este mércores día 11 de xullo ás 22:30 horas coa proxección de “Un Italiano en Noruega”, unha das películas máis taquilleiras en Italia, con máis de 10 millóns de espectadores.
A seguinte cita terá lugar o mércores 1 de agosto ás 22:00 horas, coa proxección de “La La Land”, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50, e o venres 17 de agosto ás 22:00 horas coa proxección de “Bebé Jefazo”, unha divertida proxección recomendada para público infantil sobre o impacto que ten a chegada dun novo fillo/a á familia.
Dende a Concellería de Cultura anímase a todos os veciños e visitantes a gozar destas proxeccións ao aire libre na Praza do Reló.
Ningún comentario:
Publicar un comentario