CONVOCATORIA
DE CONCENTRACIÓNS
Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG
O Colectivo de
Xubilados/as e Pensionistas da CIG ten convocadas concentracións para mañá, xoves 28 de xuño, diante
das Subdelegacións do Goberno nas catro provincias, en defensa dun sistema público
de pensións "que faga posíbel unha vida digna para as persoas xubiladas e
pensionistas".
Nas protestas
farase entrega por rexistro de escritos dirixidos á ministra de Traballo e
Seguridade Social, Magdalena Valerio, emprazándoa a recoller e executar as
medidas propostas pola CIG nesta materia e que pasan inevitabelmente pola
derrogación das contrarreformas laborais e da negociación colectiva e as
reformas das pensións, tanto de 2011 como de 2013.
As concentracións serán ás 11:30 horas en:
A Coruña, Subdelegación do Goberno (Avda. da
Mariña, 23)
Lugo, Subdelegación do Goberno (Rúa Armanyá,
10)
Ourense, Subdelegación do Goberno (Parque de
San Lázaro, 1)
Pontevedra, Subdelegación do Goberno (Praza de
España, s/n).
Ningún comentario:
Publicar un comentario