14 de xuño de 2018

MADRID

PREVISIÓNS PARA A SEMANA DO LUNS 18 AO VENRES 22 DE XUÑO DE 2018 NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA


Martes, 19
19:30 horas 

A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro “LA VIDA DE OTRO”, do escritor e xornalista Carlos G. Reigosa, editado por  Akal, “un espello ao longo da Transición Española no que cada un pode descubrir o seu rostro”.

Acompañarán e conversarán co autor: o presidente da Asociación Española de Críticos Literarios, Angel Basanta; o escritor e xornalista Alfonso S. Palomares;  e o editor, Jesús Espino.

Xoves, 21
19:30 horas 

Presentación do libro "LAS HORAS NO CONTADAS, de Begoña  Peñamaría Marcos, editado por  Pigmalión e galardoado co Premio Internacional de Literatura Nova “Lord  Byron” 2018. “A novela é unha parábola sobre as relacións humanas e as dificultades que poden ensombrecelas, especialmente no ámbito doméstico do matrimonio”.

No acto intervirán, ademais da autora Begoña  Peñamaría, o catedrático de Literatura Comparada da Universidade da Coruña e  prologuista da obra, José M.ª Paz  Gago; o Premio Nacional de Literatura, Alfredo Conde; o escritor, crítico literario e profesor, Vicente Araguas;  e o presidente do Grupo Editorial  Sial  Pigmalión,  Basilio Rodríguez  Cañada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario