O BNG DENUNCIA TAXAS ABUSIVAS DE PORTOS DE GALIZA AOS CONCELLOS E REXISTRA UNHA PROPOSICIÓN DE LEIPARA MODIFICAR ESTA MEDIDA
Ana Pontón pide eximir aos concellos das taxas portuarias, desafectar os espazos portuarios para convertelos en terreos municipais e modificar o réxime de sancións aos concellos con portos
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG con Montserrat Prado, e varios alcaldes de concelleiros costeiros
Infogauda / Santiago de Compostela
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón denunciou que Portos de Galiza aplica aos concellos con portos unha “taxas abusivas” pola utilización de espazos públicos.
Para a nacionalista, O PP coa aplicación das taxas está a “privatizar” os portos restrinxindo o uso de espazos públicos para a participación cidadá. A visión do Partido popular, é para Pontón “recadatoria e mercantilista” e os beneficios polas taxas portuarias non revirten na mellora dos portos.
Portos de Galiza está a facer “caixa” cuns concellos que deben soportar un financiamento moi deficiente. Pontón tamén denunciou a “falta de dialogo cos propios concellos para xestionar eses espazos e afirmou que “a lei de portos do PP alimenta a tendencia privatizadora, un cobro de taxas abusivas e un cambio de modelo portuario que rompe coa tradición galega de considerar os portos como lugares de encontro e participación social”.
TAXAS DE 50.000 EUROS PARA MERCADILLOS
Pontón lembrou que o concello de Cambados debe pagar ao ano 50mil euros ao ano para utilizar o mercado e 15.000 euros por colocar as casetas da festa do Albariño. En Rianxo as taxas polas festas da Guadalupe incrementáronse un 70%, no concello de Fisterra por utilizar o espazo portuario para o mercadillo debe abonar 8.000 euros e 200 euros cada día. Todos os concellos cobran polas terrazas, dixo Pontón pero non resulta lóxico que as terrazas nos portos deban abonar catro veces máis que as taxas municipais.
Pontón anunciou que o BNG rexistrou unha proposta para modificar a lei que defenderá proximamente no Parlamento galego para: “ eximir, tanto aos concellos como as asociacións sen ánimo de lucro do pago das taxas por utilizar espazos portuarios para actividades, lúdico, festivas, deportivas e tradicionais como os mercados, desafectar os espazos que tiveron uso portuario e que na actualidade forman parte da trama urbana, crear un organismo entre concellos e portos para as decisións que afecten as dúas administración, e modificar o réxime sancionador para non obrigar a unha persoa que pesque nun porto a pagar unha multa que pode rondar os 60.000 euros”.
122 CONCELLOS CON PORTOS AFECTADOS POLAS TAXAS
Pola súa parte, a deputada Montse Prado manifestou que a primeira lei de Portos de Galiza foi elaborada “de costas viradas ao sector e veciñanza” e sobre todo aos concellos. “122 estruturas portuarias inxeridadas nos propios concellos que agora deben soportar taxas abusivas pola utilización dos terreos para actividades”
Félix Juncal, alcalde de Bueu explicou que trala resolución presidencial do mes de setembro, as actividades de carácter lúdico, cultural, deportiva e social así como outros servizos públicos como os mercadillos ambulantes teñen cada vez máis problemas e deben asumir unhas taxas abusivas por utilizar espazos que sempre foron usados de maneira tradicional. Recentemente, explicou non foi autorizado un concerto musical nunha praza pública nun espazo portuario en réxime de concesión administrativa ao concello. Juncal recalcou o “interese recadatorio de Portos de Galiza” nas actividades desenvolvidas polos concellos e que afectan tamén aos sector privado, sobre todo a hostalería, en Bueu, dixo, hai unha praia no centro da vila con tres chiringuitos autorizados “cunhas taxas que chegan ao 800%”, denunciou
Para o alcalde de Bueu, Portos de Galiza debe “de oficio” desafectar os espazos sen usos portuarios e traspasalos ao dominio público, marítimo, terrestre para que os concellos podamos utilizalos, entre eles, as praias, xardíns, parques, e tramos de vías públicas. “Os concellos comprométemos a asumir a limpeza e mantemento de todos eses espazos”.
Finalmente, Félix Juncal reiterou que as taxas “non se xustifican” e avogou por un uso compatible dos concellos co uso portuario. Ademais denunciou que os beneficios polas actividades non reverten na melloras das instalacións dos portos. “Pedimos un cambio de rumbo porque a FEGAMP non nos representa, máis ben, cremos que é cómplice coa administración e deriva todos os asuntos problemáticas aos concellos”, concluíu.
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, a portavoz nacional Ana Pontón estivo acompañada pola deputada e portavoz de Pesca, Montse Prado e os alcaldes de, Boiro, Félix Juncal, Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo, Vítor Caamaño, tenente de alcalde de Cambados, Irate García, portavoz municipal en Noia, Xan Carlos Sar, tenente de alcalde de Fisterra, Mercedes Xiráldez, tenente de alcalde do concello de Cangas, Iago Pereira portavoz en Baiona e Alfredo López portavoz contra a prohibición de pescar nos portos anunciou que o BNG presentará en todos os concellos afectados unha moción contra as abusivas taxas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario