20 de xuño de 2018

A GUARDA

Novos cursos de informática de balde na Aula CeMIT da Guarda  


Jorge Alonso / A Guarda

 A Aula CeMIT da Guarda organiza novos cursos de informática para todas as idades os vindeiros meses de verán en horario de mañana.  

 As inscricións están abertas ata o 28 de xuño no Concello e no Centro Cultural (1º andar).  

 Durante os meses de xullo e agosto realizaránse diferentes cursos básicos para coñecer o manexo do ordenador, o smartphone e os seus aplicativos máis comúns.  

 Cursos para xullo e agosto: 

- Manexo dun ordenador: Curso básico para persoas que non teñen experiencia en informática 
- Internet, navegador, e-mail: Curso básico para os primeiros pasos navegando en internet, traballar co e-mail e levar a cabo xestións online (compras, DNI-e, xestións, etc) 
- Editor de texto Writer: Creación e edición de documentos. - Smartphones: Manexo e utilidades 
- Curso para rapaces/as: Curso de edición de textos para elaborar traballos. 

Sobre a Rede CeMIT 

O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego
Foto: C. A. G.

 A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.  

 Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

HORARIOS

Mes de xullo

Manexo dun ordenador
Luns e mércores
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30
Internet, navegador, e-mail
Martes e xoves
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30
Editor de texto Writer
Sábados
Clase 1 10:30 – 11:45
Clase 2 11-45 – 13:00
Smartphones
Martes 31
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30
Curso para rapaces/as
Venres
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30

Mes de agosto
  
Manexo dun ordenador
Luns e mércores
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30
Internet, navegador, e-mail
Martes e xoves
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30
Editor de texto Writer
Sábados
Clase 1 10:30 – 11:45
Clase 2 11-45 – 13:00
Smartphones
Martes 28
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30
Curso para rapaces/as
Venres
Clase 1 10:00 – 11:30
Clase 2 12:00 – 13:30

Ningún comentario:

Publicar un comentario