Festa nacionalista do Baixo Miño 2018
Sábado 30 de xuño ás 20:30 h, no Montiño
BNG / Baixo Miño
Un ano máis os/as membros do BNG na comarca do Baixo Miño celebramos a nosa Festa Nacionalista. Un momento de convivio, de reflexión política, de festa, de bo comer e con boa música.
Despois dun ano de traballo político, toca relaxarse e pasalo ben, para seguir traballando por este País o resto do ano. Este ano voltamos celebralo no Concello da Guarda, nun lugar incomparábel ao pé do monte Trega, no lugar coñecido como "o Montiño."
Contaremos coa actuación do grupo de música tradicional "Cuncheiros" de Vigo.
Para acompañar toda esta música teremos comida e bebidas a prezos populares. E como sobremesa contamos coas riquísimas filloas á pedra do compañeiro Paco "Pinzás" e os doces da compañeira Ofelia.
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG
Tamén imos contar coa presenza da Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG, que compartirá con nós este día de festa...
Iso si, esta é unha festa participativa, polo que se ven co teu instrumento para non parar de foliar...
Así que xa sabes, este 30 de xuño reserva a data e vémonos ás 20:30 h no Montiño con Ana Pontón.
Saúde e anímádevos a participar!!!!
Localización do lugar da Festa Nacionalista na Guarda:
Ningún comentario:
Publicar un comentario