26 de xuño de 2018

A GUARDA

Xornada de Ioga aberta ao público na Alameda da Guarda 

O vindeiro domingo día 1 de xullo, de 11:00 a 12:00 horas


Jorge Alonso / A Guarda

 O vindeiro domingo día 1 de xullo a Alameda da Guarda será o escenario dunha xornada de Ioga aberta ao público e de carácter gratuíto que terá lugar de 11:00 a 12:00 horas.  
 Esta actividade realízase con motivo do Día Internacional do Ioga, dando oportunidade a que todas aquelas persoas que o desexen podan coñecer como é a práctica do Ioga e os seus beneficios para o corpo e a mente e o espírito, significado en sánscrito do Ioga.  

 A celebración do Día Internacional do Ioga foi presentada ante as Nacións Unidas polo primeiro ministro da India, Narendra Modi, sendo aprobada pola ONU co respaldo de 175 países, a maior taxa na historia desta organización.  

 O domingo 1 de xullo profesionais do Centro Awen, o Centro de Ioga Almiña e outros colaboradores achegarán aos participantes todos os coñecementos sobre a práctica desta disciplina, recoméndase levar unha esterilla ou toalla. 

 Actividade organizada polo Centro de Ioga Awen en colaboración coa Concellerías de Deporte e Cultura do Concello da Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario