Festival de fin de curso do Conservatorio de Música da Guarda
Músicos e público, nunha actuación musical
Foto: Arquivo C. A. G.
Jorge Alonso / A Guarda
Os alumnos do Conservatorio de Música da Guarda participarán este xoves día 21 de xuño nun Festival de Fin do curso académico 2017/18.
No evento, que terá lugar ás 20:00 horas, no salón de actos do Centro Cultural da Guarda, proxectaráse un video de presentación sobre o Conservatorio para, de seguido, continuar coas actuacións musicais dos alumnos de preparatorio, de 1º de LOE, de guitarra clásica, violín, guitarra acústica, piano, vento-madeira, gaita galega, vento-metal e un broche final a cargo do Rockservatorio´s band, que interpretará unha versión da coñecida canción Another brick in the wall, de Pink Floyd.
Ningún comentario:
Publicar un comentario