26 de xuño de 2018

A GUARDA

A GUARDA RECIBE MÁIS DE  89.000,00 € DO PLAN CONCELLOS  DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

· PARA A REALIZACIÓN DE TRES NOVAS ACTUACIÓNS NA VILA 

· O grao de adxudicación do Plan Concellos 2018 á Guarda sitúase nun 36.94%, representando un investimento na vila de 498.264,71€   

O entorno do artístico Cruceiro Pinto, en Salcidos será urbanizado
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións presidenciais, tres axudas ao concello de A Guarda por un valor total de 89.126,61 € ao abeiro do Plan Concellos 2018. Trátase, nesta quenda, das seguintes actuacións: 57.866,99 € para a urbanización da baixada San Caetano entre os números 2 e 12; 21.700,62 € para a urbanización do entorno Cruceiro Pinto e 9.559,00 € para a adquisición dunha máquina de limpeza a presión. As tres actuacións atópanse enmarcadas na liña 1, a de investimentos, do Plan Concellos 2018.  

 Ademais destas cantidades, o Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o concello. En concreto,169.595,78 euros na liña 1 para a reposición do céspede no campo de fútbol A Sangriña. Ademais, a Deputación de Pontevedra adxudicou 74.842,73 € na liña 2 para financiar a campaña de dinamización do comercio, a XI Gala do Deporte, a tirada de fogos na Festa do Monte Santa Trega, a campaña de mobilidade, o material de turismo, a exposición “Así Somos”, Galifornia beat, a Feira do Libro, a Feira de Emprego, o campus deportivo de verán, visitas teatralizadas, actividades culturais, andainas e Noites no Castelo. E tamén, outros 164.699,59 € foron destinados á contratación de 18 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan de Concellos 2018. 

 Ata este momento, o Plan Concellos 2018 xa entregou 498.264,71€ do total destinado á Guarda, isto é, 36.94%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario