6 de xuño de 2018

A GUARDA

A ASOCIACIÓN VECIÑAL DAS PARROQUIAS DA GUARDA ORGANIZA Á III FESTA CASTREXA DO MONTE SANTA TREGA

Nesta edición os eventos comezarán o día 22 de xuño, no casco antigo da vila, onde continuarán o día 23, e o día 24 a festa terá lugar no campo Novo Chans, no Monte Santa Trega


De esq. a der.: Manuel Castro Vicente, Antonio Lomba Baz e Eloy Gómez Mariño, na presentación da III Festa Castrexa do Monte Santa Trega
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de varias reunións previas cos comerciantes e hosteleiros guardeses, a Asociación Veciñal das parroquias da Guarda, presentou a programación da III Festa Castrexa Monte Santa Trega, que se celebrará os días 22, 23 e 24 deste mes de xuño de 2018.

 A presentación pública da III Festa Castrexa Monte Santa Trega tivo lugar na tardiña do pasado sábado día 2 deste mes, coa asistencia do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, así como de Manuel Castro Vicente e Eloy Gómez Mariño, presidentes das xuntas reitoras das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda e Salcidos, respectivamente.

 Tamén asistiron a concelleira Fátima Iglesias Ferreira, comuneiros e veciños de A Guarda, Camposancos e Salcidos.

Loli Portela González - a esquerda da imaxe - presentando o Grupo de Acordeons Mascarenhas

  Logo dunha breve presentación a cárrego de Loli Portela González, o acto comezou coa actuación do Grupo de Acordeóns Mascarenhas, dirixido nesta ocasión por Ana María Portela Lorenzo, por indisposición do fundador e director, José Luis Lorenzo Rodríguez.


Ana María Portela Lorenzo correspondendo os aplausos que o respectable público lle adicou o Grupo de Acordeóns Mascarenhas


 Na primeira parte do seu concerto, o Grupo de Acordeons Mascarenhas interpretou os seguintes temas: 

· "El río de la Luna - El milagro del amor", de Henry Mancini  (letra) e Johnny Mercer - Carmen Carvajal de Prado (letra) e Alcides Alonso (música)  
· "Perfidia", de Alberto Domínguez
· "Los Nardos", de Emilio González del Castillo e José Muñoz Román (letra) e Francisco Alonso (música) 

 A continuación, Eloy Gómez Mariño, presidente da xunta reitora da Comunidade de Montes de Salcidos, daría á benvida a tódolos presentes, agradecendo súa asistencia, cedéndolle a continuación o turno da palabra a seu hómologo Manuel Castro Vicente.

 En nome da Asociación Veciñal das parroquias da Guarda, Manuel Castro informou que a Festa Castrexa, que comezou sendo un día, e na segunda edición pasaron a ser dúas ás xornadas de actividades e de lecer; nesta ocasión, serán tres días.

 Dese xeito, e tendo en conta as suxerencias dos comerciantes e hosteleiros, os eventos comezarán o venres día 22 de xuño, a partir das 22:30 h., na rúa Cervantes, en pleno casco antigo da vila, con unha Queimada Popular.

 O sábado día 23, ás actividades comezarán ás 11:00 h., na Alameda de A Guarda, onde haberá un obradoiro de espadas, á carrego de AGUDE.

 Pola tarde, ás 16:30 h., no Auditorio de San Bieito, haberá un obradoiro de cabaliños, á carrego de AGUDE, e un obradoiro de escudos, na rúa Cervantes, a carón do local A Botica.

 No antigo estadio de Tecla da Guarda

 Ás 21:00 h., comezarase a servir chusrracos, criollos, empanada, sardiñas (dependendo do mercado) e cantina a prezos populares.

 Ás 21:30 h., concerto a cárrego do Grupo Folk Na Revolta.

 Ás 23:00 h., prendido dunha Gran fogueira por San Xoán.

 A partir das 24:00 h., Festival a cárrgo do Grupo Abóbriga.

 O rematar o festival, tódolos participantes poderán continuar disfutando desa noite máxica, nos diferentes locais da Guarda, ambientados nesta festa.

 Domingo 24

 Ás 11:00 h., no Campo Novo Chans, pertencente a Comunidade de Montes de A Guarda, comezo da Festa con música e postos de artesanía, e saída dende o recinto da Festa, da Andaina polo Monte Santa Trega, guiada por Miguel Reboredo Otero.

 Haberá postos de comida con churrasco, polbo, empanada, mexilons, chourizos, zorza, sobremesas, etc.

 Ás 11:00 h, dende o Camping Santa Tecla, na Ribeira de Salcidos, saída da III Ruta Cabalar, en dirección o Monte Santa Trega.

 Ás 12:30 h, pregón da III Festa Castrexa, a cárrego do poeta e escritor Francisco Álvarez Álvarez (Koki).

 Deseguido, xantar con música, con varios grupos de gaitas da localidade.

 Ás 15:30 h., comezo da exhibición de escultura en madeira con motoserra, xogos populares para os máis novos, petanca, etc.

 E para rematar, ás 19:00 h., haberá baile con grupos da localidade.

 En nome da organización da III Festa Castrexa, Manuel Castro Vicente, agradeceu á colaboura da Comunidade de Montes de Camposancos, que se brindou a ceder o espazo de Chans, para á celebración das actividades do domingo día 24, si ben, por motivos de loxística, e mesmo por economía, a Asociación Veciñal das parroquias da Guarda, decidiu centrar á programación do domingo no recinto coñecido como Novo Chans, onde ademáis do espazo necesario para o público, hai un amplo aparcadoiro, con capacidade para máis de 300 coches.

 Castro Vicente tamén agradeceu o apoio da Deputación de Pontevedra, do Concello de A Guarda e dos comerciantes e hosteleiros guardeses.

 A continuación o alcalde Antonio Lomba Baz dixo que desde o Concello vai haber todo o apoio a este evento, porque esta iniciativa é un xeito de dinamizar o noso pobo.

 Finalmente, o Grupo de Acordeóns Mascarenhas ofrecería á segunda parte do concerto, interpretando: 

· "O son do ar - Amandi", de Luar na Lubre
· "Na punte do pé", de Pesdelán
· "Muiñeira de Santa Trega", de José Luis Lorenzo Rodríguez
· "Pasodoble guardés", de José Luis Lorenzo Rodríguez

 Dese xeito poríase broche de ouro á presentación da III Festa Castrexa do Monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario