14 de maio de 2018

SANIDADE

AS TRABALLADORAS DOS PUNTOS DE ATENCION CONTINUADA (PAC) SOLICITARAN DE FORMA MASIVA O COMPUTO DE XORNADA DO ANO 2017

 As e os traballadores dos PAC solicitarán mañán martes 15 de maio de 2018 o seu cómputo de xornada do ano pasado de forma masiva ás 10:30 horas nas dependencias do SERGAS en García Barbón de Vigo nº 51.  

 Tras a liquidación das nóminas do ano 2017 non se  nos facilitan os datos en base os que se fai a liquidación de non ser que solicitemos por escrito.  

 Esta medida realízase en modo de protesta tras terse reunido a Comisión de Seguemento dos PAC o pasado día 27 de abril de 2018 e non ter a administración propostas en firme sobre un dos puntos que o colectivo PACS en PÉ de GUERRA consideramos cruciais que é a Xornada Laboral. Como xa demos a coñecer a forma en que contabiliza a xornada o SERGAS non asegura a neutralidade de permisos nin baixas, véndonos na obriga de realizar xornada por riba do marcado en calendario, en caso solicitar estes permisos ou cair enfermos, para “compensar”.  

 A todo isto sumaselle o enfado do colectivo, nomeadamente médico pero tamen enfermeiro, sobre os que ameaza a posibilidade de aumento de xornada anual concentrándose este aumento no verán. Un traballo que na área de Vigo xa se ve aumentado por mor do turismo, habendo zonas onde o aumento de poboación é moi significativo. A carga vaise ver multiplicada co peche de tarde dalgúns centros de saúde en período de verán que obrigará as usuarias/os a usar os servizos de urxencias como alternativa, sen que estes servizos sexan reforzados. 

 As protestas do noso colectivo non cesarán ate que administración acepte a aplicación dos 11 puntos reivindicando que se cumpra o pacto de 2008 e o Estatuto Marco, normas que xa deberían estar consolidadas, sendo a maioria destas relacionadas coas condicións de traballo e a calidade asistencial.

 PACS EN PÉ DE GUERRA

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario