25 de maio de 2018

PEDORNES (OIA)

Festas do Santísimo, Pedornes-2018 

Os días 25 e 26 de maio



Manuel Ángel Pombal Diego / Pedornes

 A parroquia de Pedornes, no concello de Oia, celebra as festas na honra ó Santísimo os días 25 e 26 de Maio, organizadas pola Asociación Cultural “San Mamed”. 

 O venres día 25 comezarán as festas ás 21.00 h. cunha foliada á cal están convidadas todas aquelas persoas que queiran participar tocando e cantando. 

 Ás 23:30 h haberá unha sesión de música brasileira a cargo do Dj Maco. De seguido, o grupo La Patrulla ofrecerá un concerto. Durante toda a tarde-noite haberá bocatas de chourizo e de panceta á brasa a prezos populares.  

 O sábado día 26 ás 10.30 h fará a súa entrada a Banda de Música Unión Musical de Mougás, que percorrerá a parroquia ofrecendo pasarrúas. 

 Ás 12.30 h celebrarase unha misa solemne con sermón e procesión cantada pola Coral Vagalume de Oia. 

 Xa pola tarde, a partir das 18.30 h. haberá un inchable gratuíto gratuíto para todos os nenos que se acerquen por Pedornes.  

 Ás 20:30 h a Banda de Música Unión Musical de Mougás ofrecerá un concerto no Centro Cultural. Finalmente, as festas rematarán cunha verbena amenizada polo grupo M-3 e a orquestra Anduriña.  

 Colaboran: 

 Veciños de Pedornes, Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pedornes, Deputación de Pontevedra-Pontegal e Concello de Oia.  

 Os membros da comisión de festas queren aclarar que este ano non contaremos con servicio de pirotecnia debido ao grave accidente ocorrido estes días nun dos almacéns da empresa que fornecía os fogos para as festas. Ao mesmo tempo, aproveitan a ocasión para agradecer moi sinceramente o esforzo feito polos veciños de Pedornes e arredores para levar a cabo estas festas do Santísimo. 

 Graciñas e ¡Felices Festas a todos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario