28 de maio de 2018

OIA

Villas e Seijas ofrecéronlle todo seu apoio a Xan Lois Vila

Movemento Oia propónse poñer fin a parálise no concello, do goberno en minoría do PP 

Ana Seijas, Luis Villares e Xan Lois Vila, o pasado 24 de maio, en Paramos (Tui), na zoa cero da explosión de material pirotécnico
Luis Villares, Ana Seijas e Xan Lois Vila, con varios veciños, na asemblea de veciños no Centro Cultural de Oia


Infogauda / Oia

 O pasado xoves, 24 de maio, despois da visita con Villares para acompañar aos veciños e víctimas de Tui e avaliar os danos polo desantre ocurrido na comarca, presentouse na Casa Cultural de Oia, Movemento Oia. A nova Marea organizou unha xornada de traballo na que participaron o voceiro nacional do espazo, Luis Villares, a vicevoceira Ana Seijas e a persoa que impulsou Movemento Oia, Xoán Lois Vila. 

 A xornada pechouse cunha asemblea coa veciñanza para explicar o proxecto e debatir sobre os principais problemas e inquedanzas que afectan a Oia. O obxectivo é poñer fin a unha parálise no concello do goberno en minoría do PP. 

 Vila aclarou que "eu non teño prebendas e quero mudar as políticas deste pobo porque ten un gran potencial, e hai que rematar co inmovilismo do Partido Popular", e para iso fai falta "xente comprometida, que sume". 

 Pola súa parte, Villares e Seijas ofrecéronlle a Movemento Oia todo o apoio e a axuda de En Marea para que "Medre o Mar", para que Oia deixe atrás a parálise.

Ningún comentario:

Publicar un comentario