28 de maio de 2018

DEPORTES

O ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, CONSEGUE MOI BOS RESULTADOS EN BALAÍDOS 

NO ÚLTIMO CAMPIONATO PROVINCIAL DE  XOGADE EN PISTA AO AIRE LIBRE DE ATLETISMO, NA CATEGORÍA  BENXAMÍN

CONSEGUINDO 5 MEDALLAS INDIVIDUAIS E UNHA POR EQUIPOS 

Podios logrados na xornada do sábado polos atletas da Socidade Atlética do Trega
Atletas da Socidade Atlética do Trega no último campionato provincial escolar de  Xogade de pista ao aire libre na provincia de Pontevedra

Informa: Sociedade Atlética do Trega

O sábado día 26 de maio, en xornada matinal disputouse o último campionato provincial escolar de  Xogade de pista ao aire libre na provincia de Pontevedra, onde o clube Sociedade Atlétida do Trega levou a 9 atletas participando en distintas probas, conseguindo os seguintes resultados: 

 A primeira proba sería 1.000 m. marcha mixto, na cal conseguimos dúas medallas de prata, Paula Martín Pousa cun tempo 6´43" 38 na categoría feminina e na categoría masculina viríanos o bronce a cargo de Aarón Dacuña Sierpes cun crono de 8´13" 56. Non sería a única proba destes dous benxamins porque tamén disputarían lanzamento de peso (1 kg) ambos na súa categoría. Paula quedaría 5ª cun lanzamento 5.22 m. e Aarón faría un 4º posto con 5.89 m. Seguiríalle a súa compañeira Paula Lago Sánchez facendo un dobrete con 2 pratas, quedaría 2ª clasificada en 50 m.l. cun crono de 8" 55 e na proba de 500 m.l., faría 1´45" 87 conseguindo o seu dobrete de medallas. Na mesma proba de 500 m.l. ademais participaría Mara González Carreira quedando 6ª clasificada cun crono de 1´52" 15 pero non sería a única proba, ademais realizaría a de 50 m.l. acadando o 7º posto na final A, con un tempo de 8" 87. 

 Nos 500 m.l. (masculino) tomou parte André Álvarez Rodríguez quedando 11º con un crono de 1´51" 72. E na final B dos 50 m.l. quedaría 6º, con un tempo de 9" 22. 

 David Martínez Alonso clasificaríase en 13ª posición en 500 m.l.  con un tempo de 1´53" 92 intervindo tamén en 50 m.l. final B quedando 8º, con un rexistro de 9" 64. 

 Yeray Dacuña Sierpes conseguiría o subcampionato con medalla de prata en 1.000 m.l. cun tempo de 3´40" 61. Con todo tomou parte na final B de 50 m.l. quedando 4º con un tempo de 9" 12. 

 Nos 1.000 m.l. femininos non teriamos tanta sorte. Nesta proba competiría Paula Rocha Bautista, que acadou un 4º posto e un tempo de 4´01" 24 pero tamén tomaría parte do 50 m.l. final A, quedando 8ª con un crono de 8" 93.  

 A súa compañeira Amanda Martínez  Sierpes participaría en 1.000 m.l. obtendo a 5ª posición con un tempo de 4´06" 01 e en 50 m.l. tamén quedaría 5ª, con un crono de 9" 33. 

 E por último disputaríase as substitucións 4x50 m onde as mozas (Amanda Martínez, Mara González, Paula Rocha e Paula Lago) farían un 4º posto cun crono de 36" 30, onde posteriormente os mozos (Aarón Dacuña, David Martínez, André Álvarez e Yeray Dacuña) conseguirían a última medalla de bronce cun tempo de 36" 85. 

 Felicidades a  todas/os! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario