PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA
PARA A SEMANA DO LUNS 14 AO VENRES 18 DE MAIO DE 2018
Mércores, 16
19:30 horas.
Presentación de SERTA, revista iberorrománica de poesía e pensamento poético, editada pola Universidad de Educación a Distancia (UNED).
Intervirán: o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, o decano da Facultade de Filoloxía da UNED e catedrático de Literatura Española, Julio Neira Jiménez, e o catedrático de Lingüística Xeral e director de SERTA, o coruñés Antonio Domínguez Rey, co relatorio “Presencia poética dunha koiné iberorrománica. Importancia histórica para Galicia e resto de España”. Tamén o farán, recitando algunhas das poesías contidas na revista, os profesores da UNED: María Dolores Martos Pérez, axudante doutora de Literatura Española e secretaria de SERTA, Marina Sanfilippo, contratada doutora de Filoloxía Italiana, e Josep Antoni Ysern Lagarda, titular de Filoloxía Catalá.
Xoves, 17
19:30 horas
Proxección do documental “Reivindicando a María Victoria Moreno”, producido por Millo Filmes e TVG, con ocasión da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a María Victoria Moreno.
Intervirán: o delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, e Melodi Parga Otero, de Millo Filmes, na presentación inicial e o posterior coloquio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario