24 de maio de 2018

DEPORTES

CIDADE DE LUGO FLUVIAL, CAMPIÓN GALEGO DE TRÍATLON DE RELEVOS MIXTOS ELITE EN NIGRÁN

Os artífices dese novo logro deportivo foron a guardesa Elsa Pena e seus compañeiros Martín Cando, Carla Guisande e Esteban Basanta

Elsa Pena, Martín Cando, Carla Guisande e Esteban Basanta, campións galegos de Tríatlon de relevos mixtos


Informa (fotografías e redacción): Alberto Pena Lomba 

 O Cidade de Lugo Fluvial –formado por Elsa Pena, Martín Cando, Carla Guisande e Esteban Basanta- proclamouse o sábado pasado en Nigrán, campión galego de Tríatlon de relevos mixtos. 


 Nun fermoso e caloroso día puidemos gozar desta competición, que é unha das máis emocionantes no tríatlon, con equipos formados por dous homes e dúas mulleres. Cada un de eles tivo que realizar un mini-tríatlon (300 metros de natación, 8 quilómetros de ciclismo e 2 quilómetros de carreira a pé) antes de dar a quenda ao seu compañeiro de equipo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario