FÚTBOL
Os Infantís da A. D. Tomiño gañan a súa liga e ascenden a Primeira
Os Cadetes xogarán a promoción de ascenso
Infantís da A. D. Tomiño, campións de liga
Foto: A. D. Tomiño
Gonzalo Lomba / Tomiño
A falta dunha xornada para que remate a competición, os Infantís da A. D. Tomiño, lograron o título de liga e, polo tanto, o ascenso directo á Primeira Autonómica Infantil. Deuse a casualidade de que o conseguiron sen xogar pois, a certificación matemática do seu triunfo produciuse coa derrota do U. D. Ribera nunha xornada na que os tomiñeses non tiñan encontro.
Pero o campión non gaña a liga nunha xornada e os de Nacho fixeron méritos durante todo o ano para proclamarse, con xustiza, como os mellores da súa liga. Os datos falan por si mesmos: equipo menos goleado, segundo máis goleador e perdendo só dous partidos na liga, o último en novembro do ano pasado.
Os Infantís vermellos amosáronse durante toda a liga como un grupo, un equipo con maiúsculas e, con perseveranza e tamén, moita calidade, foron mellorando xornada a xornada ata asaltar o liderato para xa non soltalo.
O ascenso, que se resistiu durante varias tempadas, culmina o gran traballo deste grupo de xogadores e dos seus técnicos e supón unha mostra máis de que, en Tomiño, hai canteira.
O éxito dos Infantís, únese ao dos Xuvenís ‘A’ tamén campións, e ao dos Cadetes, que só un ano despois de ascender a Primeira Autonómica, pelexarán por lograr o ascenso a Liga Galega tras rematar a competición regular en postos de promoción. O equipo de Bruno resistiu e colouse entre os mellores para culminar unha continuación excelente aos éxitos da pasada campaña.
A A. D. Tomiño felicítase e felicita a todos os seus xogadores, xogadoras e membros do corpo técnico polos grandes resultados obtidos nas ligas e, tamén, por facelo se deixar nunca de lado o principal obxectivo da entidade: crear canteira e formar persoas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario