11 de maio de 2018

DEPORTES

HOCKEY LIÑA

DERRADEIRA XORNADA DE LIGA GALEGA PARA OS INFANTÍS DE A GUARDA HOCKEY LIÑA 

Adestrador e compoñentes do equipo categoría infantil de A Guarda Hockey Liña
Foto: A Guarda Hockey Liña

Miguel Fernández Lomba / A Guarda

 Este domingo dispútase a derradeira xornada da Liga Galega de Hockey Liña na categoría infantil. O equipo A Guarda Hockey Liña tentará acadar a victoria fronte o Galicia Rollers da Coruña para meterse nos playoffs polo título. O crucial encontro comezará ás catro menos cinco no pavillón municipal de Bouzas da cidade de Vigo.  

 Podedes consultar horarios completos, clasificación e seguir os partidos ao vivo na web da Federación Galega de Patinaxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario