18 de maio de 2018

A GUARDA

A ANDAINA POLA RUTA MÁXICA DE OIA ORGANIZADA POLO CONCELLO DA GUARDA TERÁ LUGAR O SÁBADO 26 DE MAIO 

A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos
Foto: C. A. G.

Sara Alonso / A Guarda

 A andaina Ruta Máxica de Oia foi programada para dar comezo as Andainas organizadas polo Concello da Guarda e Caminha pero debido ás malas previsións meteorolóxicas do mes de marzo foi aprazada.  

 Finalmente esta andaina terá lugar o próximo sábado 26 de maio polo que os interesados deben confirmar a súa asistencia na Oficina de Turismo do Concello da Guarda ou no teléfono 986 614 546 ou no mail turismo@aguarda.es  

 Esta ruta estará guiada pola Asociación Costa de Castros. A Ruta Máxica de Oia percorre uns 18 km da Serra da Groba pasando polas parroquias costeiras deste concello.  

 A ruta sinalizada comezará no miradoiro da Pedreira onde se atopan petróglifos e continuará coñecendo outros gravados rupestres ata chegar ao río Broi e ao espazo natural das Sobreiras do Faro, o bosque mediterráneo máis occidental. Despois ascenderase ata o Castro do Cano do Mouros e as Pozas de Mougás onde se realizará o xantar. Nesta última parte do percorrido descenderase ata o Castro de Cabeciña. A ruta rematará na estrada PO-552 onde se atopa o Camping O Muíño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario