24 de maio de 2018

A GUARDA

A aula de informática da Guarda ofrece novos  cursos de iniciación en xuño

Aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
Foto: C. A. G.

Sara Alonso / A Guarda


 A aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), impulsará seis novos cursos de iniciación ao manexo do ordenador e uso de Internet no mes de xuño.   

 As clases comezarán a partir do día 1 e estarán orientadas á adquisición de coñecementos básicos para o uso dos computadores (con 12 horas de formación) e os teléfonos intelixentes (4 horas), o uso do navegador (6 horas), xestión e utilidades de Internet (7 horas), o correo electrónico (6 horas) e o procesador de textos (6 horas).

 As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no Centro Cultural, na Casa do Concello ou na páxina web da rede CeMIT ata o 29 de maio. Os horarios de cada un dos cursos poderán consultarse na táboa aquí adxunta e na páxina web da rede CeMIT.


Días e horarios dos cursos de informática - Xuño de 2018
Manexo dun ordenador
Mércores e venres
Clase 1- 16:00 a 17:30
Clase 2- 17:30 a 19:00

Uso do navegador
Luns e xoves
(do 4 ó 14 de xuño)
16:00 a 17:30
Luns e xoves
(do 18 ao 28 de xuño)
10:00 a 12:00

Correo electrónico
Luns e xoves
(do 4 ó 14 de xuño)
17:30 a 19:00
Luns e xoves
(do 18 ó 28 de xuño)
12:00 a 14:00
Utilidades e xestión de Internet
Martes
5 e 12 de xuño
Clase 1- 16:00 a 17:30
Clase 2- 17:30 a 19:00
Procesador de textos
Sábados
Clase 1- 10:30 a 11:45
Clase 2- 11:45 a 13:00
Manexo de smartphones
Venres
15 e 29 de xuño
Clase 1- 10:00 a 12:00
Clase 2- 12:00 a 14:00

 A partir do 15 de xuño, os cursos impartiranse exclusivamente en horario de mañá, polo que as clases sobre manexo de computadoras continuarán co seguinte horario:

Manexo dun ordenador
Mércores e xoves
Clase 1- 10:00 a 12:00
Clase 2- 12:00 a 14:00




Ningún comentario:

Publicar un comentario